A Butiq (Nakajima Twinz) [hipofunk] Programación de Higher Club en Super Club Coruña
A Butiq (Nakajima Twinz) [hipofunk]
O dúo composto por Van ‘Em e Low agóchase tras este alias para
propoñer sesións cheas de intención e improvisación, aproveitando
para sorprenderse de xeito mutuo con bombazos sonoros de tantos
xéneros como se lles pase pola cabeza, dende funk ata drum&bass,
sen descartar afrobeat, hip hop, electro, jungle, trip hop, jazz, ragga…
Higher Club mantén a súa actividade radiofónica dende o mes de xullo de 1997, na actualidade representada no programa semanal Higher Street (radiOleiros 101,5fm), ademais de participar na celebración de diversos eventos por multitude de locais da cidade. Esta liña de actuación continúa coa oferta actual dunha opción diferente para as noites do sábado na cidade de A Coruña e na sala Super Club, programando a selectores e productores galegos vinculados a sectores musicais afastados do mais convencional, no entorno da música negra e da electrónica, abarcando reggae, funk, hip hop, afrobeat, dubstep, breaks, electro, drum&bass… e aproveitando para lembrar que son estilos indiscutibles en clubs de todo o mundo dende, nalgúns casos, hai
mais de vinte anos, e que todavía non contan co espacio suficiente na nosa sociedade.
Para soilicitar máis datos: www.higherclub.org
Programación de Higher Club en Super Club (sala Pirámide, Juan Flórez 48, A Coruña)
Sábado noite, de 01:30 a 03:30 | entrada libre
E despois Pichtzero de 3:30 a cerre
