ESTE SÁBADO, MALANDRÓMEDA E JUANITO BRODERS EN DIRECTO @ SUPER CLUB 31/01/2009
ESTE SÁBADO, MALANDRÓMEDA E JUANITO BRODERS EN DIRECTO NA SALA SUPER CLUB DE 1:30 A 3:30
Dentro da programación organizada por Higher Club na sala Super Club (Pirámide, rúa Juan Flórez, 48), este sábado noite, 31 de xaneiro, presentación dos novos traballos das formacións de Compostela pertencentes ao colectivo Temazo
Sábado 31 de xaneiro de 2009, 01:30h
MALANDRÓMEDA e JUANITO BRODERS (temazo.org | Santiago de Compostela)
Dous directos na mesma noite coa xente de Temazo dende Compostela, na que amosarán o seu bo facer con cadansúa novidade discográfica. Juanito Broders son os reis indiscutibles da mestura de galletón con hip hop e electrónica, e a súa estrea despois de tres maquetas chega co primeiro LP, Córtate Las Penas, mentres que o rap asoballante de Malandrómeda preséntase coa publicación dun novo sinxelo en vinilo, Malandrómeda 7, tralas edicións de Os Estranos Sempre Traen Malas Novas (na Internet) e do Chegan Tarde EP (vinilo 10″)
-
Mais datos e audio para descargar: www.temazo.org
-
HIGHER CLUB en SUPER CLUB (sala Pirámide, Juan Flórez 48)
Sábado noite, de 01:30h a 03:30h, entrada 5 euros
A partir das 03:30h, Super Club continúa a súa sesión habitual con:
-
CUCO (GLOBAL CLUB)+ JAKE JACK ( TELEFUNKEN)
www.higherclub.org | www.elsuperclub.com
