Juán Florez,48

HIGHER CLUB en SUPER CLUB – XANEIRO 2009

Higher Club mantén a súa actividade radiofónica dende xullo de 1997, na actualidade representada no programa semanal Higher Street (radiOleiros 101,5fm), e ademais participa na celebración de diversos eventos por multitude de locais da cidade de A Coruña. Esta liña de actuación continúa, por segundo mes consecutivo, coa oferta dunha opción diferente para o sábado noite en Super Club (sala Pirámide), con selectores e productores galegos vinculados a sectores musicais moi afastados do mais convencional, no entorno da música negra e da electrónica abarcando reggae, funk, hip hop, jazz, afrobeat, dubstep, breaks, electro, drum&bass… Aproveitan así para lembrar que son estilos indiscutibles en clubs do mundo dende, nalgúns casos, hai mais de vinte anos, e que todavía non contan co espacio suficiente na nosa sociedade

03 GoodChilla Sound [reggaetrónica]

Celebración a tres bandas do concepto do soundsystem, con Sauko, B Phrase e Misha como selectores de ritmos xamaicanos, dende o reggae roots ata o dancehall, e de aí ao jungle nun paso pequeno. Opción sinónimo de festa, movemento e acción orgánica…

www.reggaliza.es

10 A Butiq (Nakajima Twinz) [hipofunk]

O dúo composto por Van ‘Em e Low agóchase tras este alias para propoñer sesións de intención e improvisación, sorprendéndose de xeito mutuo con bombazos sonoros de tantos xéneros como se lles pase pola cabeza, de funk a drum&bass, afrobeat, hip hop, electro, trip hop, jazz ou ragga

17 BreakThatBeat (David M + Dj Sith) [dubstep]

Os selectores de dubstep mais importantes de Galicia, e incluso os mais destacados da Península Ibérica, presentan clásicos e novidades deste xénero cada vez mais extendido polo mundo e xa calificado coma a nova xeración das raves británicas, no lugar de breakbeat e jungle. O dubstep, creado da fusión de dubs de reggae, rítmica de 2step e velocidade variable, ten a versatilidade de absorber moitos xéneros, e aínda que tamén evoluciona incluíndo voces, a idea orixinal do estilo é instrumental. David M e Dj Sith teñen tamén unha residencia mensual no programa Higher Street, ademais do seu propio na emisora online británica Cyba Radio

www.myspace.com/breakthatbeatgz

24 F*Champs [directo | Arkestra | Vigo]

Presentación en directo do primeiro sinxelo en 7″ deste grupo formado a medio camiño entre Vigo e Londres e composto por Caino, Movementss e Zentinela, reunidos coa pretensión de actualizar (non remisturar) clásicos da música soul, funk e disco. Os Fucking Champs pertencen ao colectivo multidisciplinar vigués Arkestra, algo do que dan boa mostra na edición deste vinilo de avance, que inclúe deseño artesán e orixinal do artista catalán Dj Thabeat

www.myspace.com/putoschamps

31 Juanito Broders + Malandrómeda [directo | Santiago] *entrada 5€

Dous directos na mesma noite coa xente de Temazo dende Compostela, na que amosarán o seu bo facer con cadansúa novidade discográfica. Juanito Broders son os reis indiscutibles da mestura de galletón con hip hop e electrónica, e a súa estrea despois de tres maquetas chega co primeiro LP, Córtate Las Penas, mentres que o rap asoballante de Malandrómeda preséntase coa publicación dun novo sinxelo en vinilo, Malandrómeda 7, tralas edicións de Os Estranos Sempre Traen Malas Novas (na Internet) e do Chegan Tarde EP (vinilo 10″)

www.temazo.org
sala Pirámide, Juan Flórez 48, A Coruña

sábado noite, de 01:30 a 03:30

entrada libre (agás indicado*)

Para solicitar mais información: info@higherclub.org www.higherclub.org

Reply