O FENÓMENO GLOBAL DO DUBSTEP, ESTE SÁBADO NA SALA SUPER CLUB

Dentro da programación organizada por Higher Club na sala Super Club (antigua Pirámide, na rúa Juan Flórez, 48), este sábado noite, 21 de decembro, é o turno do dubstep, un dos fenómenos musicais mais expandido das últimas décadas, e que escoitaremos con Dj Sith e David M, selectores do colectivo BreakThatBeat.
O DUBSTEP
Como xa sucedera no seu momento (hai mais de dez anos) co drum&bass, o dubstep pasou de ser un estilo minoritario, a se converter en todo un movemento de masas no Reino Unido, e cada vez máis fóra da súa fronteira. Nace a causa da inquedanza de atopar novas formas rítmicas de baile, e neste caso, da fusión de dubs (bases rítmicas sen voz) do reggae con estilos de club coma o 2step, e permite a asimilación de moitros outros xéneros, dende o techno ate o trip hop. Caracterízase pola prominencia do baixo, ritmo sincopado, e unha atmosfera caracerística dos dubs xamaicanos. Neste momento está considerado como o estilo mais demandado nas pistas de baile de todo o mundo, gracias á evolución tecnolóxica e ás facilidades de comunicación que permite a Internet, e xa conta co seu lugar ata dentro da emisora púiblica británica, a BBC Radio1. Incluso Bristol, a cidade que tanta característica aportou a estilos coma o trip hop con Massive Attack, Portishead ou Tricky, tamén ten algo importante que dicir no entorno do dubstep.
BREAKTHATBEAT
Na nosa comunidade contamos co colectivo BreakThatBeat, composto principalmente por David M e Dj Sith, e que ademais de ser o mais destacado na difusión do dubstep (entre outros estilos, como drum&bass, 2step, jungle), tamén é un dos mais importantes de todo país. Contan cun espazo radiofónico específico dentro do programa Higher Street (radiOleiros – 101,5fm e www.higherclub.org), ademais do seu propio tempo na emisora online londinense Cyba Radio (www.cybaradio.com)
HIGHER CLUB en SUPER CLUB (sala Pirámide, Juan Flórez 48)
Sábado noite, de 01:30h a 03:30h, con entrada gratuita
A partir das 03:30h, Super Club continúa a súa sesión habitual
www.higherclub.org | www.elsuperclub.com